Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2022

Obxecto.- Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Prazas.- Ofértanse 200 prazas nas seguinte instalacións:

  • Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña)
  • Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
  • Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense

Persoas destinatarias.- As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Prezo.- Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€.

Prazo de presentación.- Do 18 de maio ata o 3 de xuño de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:

  1. Teléfonos:  981-547437 /981-544640.
  2. Servizos Sociais Municipais.