Campaña de Esquí 2022

O concello oferta tres prazas para realizar unha estadía de 4 días e tres noites na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para participar nun curso de iniciación ao esquí.

Os destinatarios deste programa son os rapaces e rapazas empadroados/as en Toques e nados entre os anos 2006 e 2009, e as datas da excursión serán do 11 ao 14 de febreiro de 2022

Os interesados poden pre-inscribirse no Servizo de deportes do concello ata o 14 de decembro de 2021 e será necesario aportar unha foto tipo carné, e copias do documento de identidade e da tarxeta sanitaria.

Unha vez concedida á praza, o beneficiario terá que asumir o custo da actividade, realizando un ingreso de 85.00 euros no número de conta bancaria que se notifique en tal momento.

Esta actividade está incluída na programación deportiva e cultural da Deputación da Coruña.

Compartir en facebook
Compartir en whatsapp
Compartir en twitter
Compartir en telegram

Últimas Noticias