Campaña de saúde visual contra o fracaso escolar

Campaña de saúde visual contra o fracaso escolar

A Fundación Alain Afflelou puxo en marcha a Campaña de Sáude Visual Contra o Fracaso Escolar, en todos os centros ALAIN AFFLELOU. O obxectivo é a detección precoz dos problemas visuais na infancia.

Do 15 de setembro ao 31 de outubro de 2015, ofrecen revisión da vista aos nenos e nenas de entre 5 e 7 anos de idade. Se no transcurso da revisión se lles detectase algún problema visual regálaselles un par de lentes graduadas adaptado á súa vista.

Igualmente, faise entrega aos pais dun carné de saúde visual para o seguimento e debido cumprimento das revisións marcadas.

Os únicos requisitos para poder participar nesta campaña son:

– pedir cita na óptica
– presentar o DNI do neno, libro de familia ou calquera outro documento acreditativo da idade.

Información:

Teléfono de atención da Fundación: 900 81 11 70

Ligazón: http://www.alainafflelou.es/fundacion/campanas/prevencion-del-fracas-escolar/

Servizos sociais municipais