O derradeiro 5 de xuño pola tarde, en Toques, levouse a cabo a festa de clausura das escolas deportivas e culturais do curso 2014-15.
Tivo lugar no pavillón polideportivo con gran afluencia de familias do concello.
Empezamos con xogos de animación a cargo da Compañía Duende Sico para seguir coas actuacións dos nenos e nenas de tenis, karate, baile das señoras un pouquiño máis maiores para rematar coas actuacións de patinaxe onde os mais pequenos e non tan pequenos fixeron as ledicias do público.
Trala merenda, tivo lugar a actuación do mago Romarís que fixo rir e sorprender a sorprender a todos.
Xa pensando no curso que vén, desexámosvos un bo verán a todos!
Aquí unhas fotos da xornada
[responsiveslides_gallery height=»600″ titles=»false» autoplay=»false» prev_text=»Anterior» next_text=»Seguinte»]