Clínica dental solidaria A Coruña – Proxecto sonrisas solidarias

CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA

Clínica dental solidaria A Coruña – “PROXECTO SONRISAS SOLIDARIAS”

Trátase dun servizo de atención bucodental que permitirá o acceso, a un prezo ao alcance do maior número posible de veciños/as, que sexan derivados desde os Servizos Sociais.

Poden beneficiarse destes servizos as persoas que, por calquera causa, non poidan acceder aos servizos de odontoloxía de carácter privado, por non posuír os recursos económicos necesarios.

Os tratamentos incluídos son:

– hixienes

– obturacións, endodoncias

– curetaxes

– próteses removibles: completas e/ou parciais.

A persoa beneficiaria debe asumir un custo de 12 € por consulta e en caso de prótese o prezo oscila entre os 150 e 180 € por cada unha.

Para acceder ao programa ten que acudir ao traballador/a social de referencia.