O Concello de Toques disporá deste servizo asistencial para a prevención da dependencia o 29 de xullo e o 1 e 2 de agosto.
Está destinado a persoas maiores de 55 anos.
Para asistir é necesario pedir cita: 622 748 283 / 623 546 992 onde tamén proporcionan información ao respecto.
Este servizo, centrarase nas patoloxías máis comúns nas perosas maiores, como poden ser, problemas nos pés, dificultades co oído e/ou estimulación da memoria.
As consultas serán na praza do Edificio Multiusos (antiga escola).
Os interesados, tamén poden participar nunha charla de 40 minutos durante a cal se informará dos aspectos máis importantes da saúde.