COMEZA O PROGRAMA DE SENDEIRISMO

O DOMINGO 29, INÍCIASE ESTE PROGRAMA CO ROTEIRO DA FEVENZA

O itinerario da ruta homologada é de dificultade medio-baixa e ten unha lonxitude de 13 quilómetros aproximadamente, os cales, está previsto percorrelos en 4 horas, aproximadamente, tendo en conta as paradas técnicas posibles.

Os interesados teñen que presentarse na Casa do Concello de Toques con anterioridade ás 10:00 A.M. para logo poder sair puntualmente a hora indicada.

Recoméndase levar calzado axeitado, chuvasqueiro ou similar e un aperitivo por se fose necesario facer uso.

En caso de que a climatoloxía fose moi adversa ou, en todo caso, se as condicións imposibilitan unha práctica do sendeirismo axeitada, entón, suspenderíase e aprazaríase para outra data posterior.