Concurso de fotografía – Concello de Toques

Concurso de fotografía - Concello de Toques

Bases III Concurso de fotografía – Concello de Toques

Participantes: Poderá participar no concurso calquera persoa, cun máximo de tres obras por participante.

Os participantes deberán informar dos seguintes datos: Nome e apelidos, dirección de correo electrónico de contacto, teléfono de contacto e título da imaxe.

Tema: A temática é “Toques, esencia e condición”, e deberá estar localizada en calquera punto deste termo municipal.

Requisitos: As fotografías deben ter formato electrónico independentemente da forma en que foron capturadas.

Aceptaranse os seguintes formatos: jpg e tif . Non se aceptarán traballos cun tamaño superior a 2 megas.

En caso de enviar mais dunha imaxe, hai que envíalas en diferentes correos, cos datos do participante en cada unha delas. Terán que ser imaxes orixinais, inéditas e non premiados en concursos anteriores.

Presentación de solicitudes: As fotos deberán enviarse preferentemente ao seguinte enderezo electrónico: marina.corral@toquesr.cluster028.hosting.ovh.net, ou poderanse entregar na Axencia de lectura de Toques en soporte CD ou nun pen ou no concello de Toques

A organización presupón que o fotógrafo ten a autorización e/ou permiso das persoas que aparecen nas imaxes presentadas. Sobre o autor recae toda responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.

Prazo de presentación: ata o 15 de outubro 2015. Non se admitirán as entregadas fóra de prazo.

As imaxes gañadoras aparecerán no calendario do Concello de Toques 2016, que é repartido entre os habitantes do dito concello.

Premios: Haberá unha soa categoría e tres premios:

Primeiro premio: 75 euros.
Segundo premio: 50 euros.
Terceiro premio: 25 euros.

Xurado: os membros do xurado, en número impar, serán designados pola Alcaldía de Toques. Os premios outorgaranse por maioría de votos. O xurado poderá eliminar por defecto as imaxes que non se axusten ao disposto nas bases. A decisión será inapelable.

Decisión do xurado: O comunicado do resultado do certame será comunicado persoalmente e feito público nos puntos habituais habilitados no concello.

Dereitos do Concello de Toques:
– O concello de Toques terá a capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das presentes bases.

– O Concello de Toques resérvase o dereito de publicación e exposición pública das imaxes presentadas en calquera soporte.

A participación no Certame supón a aceptación destas bases.