Coñece Galicia. Minicampamentos de luns a venres en aloxamentos turísticos

Obxecto:

Trátase dunha iniciativa lúdico formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Prazas ofertadas e quendas:

O número total de prazas dispoñibles é de 600, que se distribúen en 30 quendas de 20 prazas cada quenda, e en 13 programas e instalacións diferentes. Ofrécense diferentes quendas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto, en diferentes concellos de Galicia, ampliándose este ano con dous novos programas nos concellos de Sada e Fisterra.

Persoas beneficiarias:

“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude.

Servizos:

O programa inclúe:

  • Aloxamento de luns a xoves. A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan múltiples.
  • Manutención completa dende a cea do luns ata o xantar do venres.
  • Programa de actividades e equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).
  • A cobertura das actividades non inclúe os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolven as actividades.

Inscrición e reserva:

A reserva da praza efectuarase a través do formulario electrónico de inscrición, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. O formulario xerará un correo de confirmación das quendas solicitadas.

Formulario de rexistro

Admítese a inscrición dun máximo de 3 quendas diferentes de programas, indicando a orde de prioridade de participación.

A solicitude pode ser individual ou múltiple.

Prazo:

O prazo de inscrición comezará o día 15 de xuño ás 13:00 horas e finalizará 5 días antes do inicio de cada actividade, salvo no caso de que se esgoten as prazas.

Información ás persoas interesadas:

Teléfonos de información: 981 544 645 / 981 545 937 / 981 545 822

conecegalicia.xuventude@xunta.gal

Servizos sociais municipais.