CONTRATACIÓN DE BRIGADA PARA O SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS

O Concello ten previsto realizar a contratación do equipo de prevención de incendios integrado por cinco compoñentes: Capataz, Peón-Conductor e tres Peóns.

As persoas interesadas poderán recabar información e presentar as súas solicitudes nas Oficinas Xerais do Concello ata o día 8 de Xullo, sendo requisito previo estar inscrito como demandante de emprego na Oficina do INEM.

Toques, 5 de Xullo de 2016

O Alcalde

Jose A. Penas García