CONTRATACIÓN DE UN PEÓN MEDIANTE O PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O prazo de entrega de solicitudes remata o vindeiro 20 de xuño ás 14:00.

Ademáis de cumprir cos requisitos, os aspirantes terán que entregar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia dos cursos e/ou títulos académicos relacionados co posto de traballo ofertado.
  • Certificado do tempo que leva inscrito como demandante de emprego, expedido pola Oficina de Emprego.
  • Fotocopia do Carné de conducir B1.

O proceso de selección de aspirantes inclúe unha fase de concurso, onde se valorarán os méritos adquiridos polos aspirantes, e unha fase deoposición  na que se realizarán unha proba teórica tipo test de “carácter eliminatorio” e outra proba de tipo práctico onde se valorará a aptitude dos candidatos no manexo das ferramentas propias do posto de traballo. Ambas probas da fase de oposición teñen un valor máximo de 5 puntos cada unha, sendo eliminados do concurso os aspirantes que non superen os tres puntos nalgunha de ambas probas.

Tamén será necesario o certificado CELGA 2.