CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4, NO ANO 2016

NORMATIVA:  Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A). (DOG nº 155 do 18/08/2016)

OBXECTO: Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

PERSOAS DESTINATARIAS: As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

– Celga 4: 5 de novembro de 2016.

– Celga 2: 6 de novembro de 2016.

– Celga 3: 12 de novembro de 2016.

– Celga 1: 13 de novembro de 2016.

TAXAS DE INSCRICIÓN: 15,61 euros.

LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: Santiago de Compostela e Ponferrada

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Solicitude e anexos deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. Ata o 19 de setembro.