Convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Normativa

Resolución do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG nº 44 do 4/03/2019)

Obxecto

Favorecer a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

Competencias que se convocan

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

Documentación

Solicitude dispoñible no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Na sede electrónica está dispoñible a solicitude para a tramitación presencial ou en liña

  1. No caso de identificación co pasaporte en vigor hai que achegar a súa fotocopia.
  2. No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma cun grao igual ou superior ao 33 % e que solicite algún tipo de adaptación das especificadas na solicitude, deberá achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma.

Prazo

Ata o 29 de marzo de 2019.