CONVOCATORIA DE PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

NORMATIVA: Resolución do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalide de nivel 2 e 3 de cualificación. (DOG nº 46 do 2/03/2017)

OBXECTO: Favorecer a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos Certificados de profesionalide de nivel 2 e 3, que lles permitan progresar no mercado laboral.

COMPETENCIAS QUE SE CONVOCAN: As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalide para os niveis de cualificación 2 e 3, son Competencia Matemática, Comunicación en Lingua Castelá e Comunicación en Lingua Galega. A competencia de Comunicación en Lingua Estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica. Ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO: Ata o 24 de marzo de 2017.