Convocatoria específica para a concesión de subvencións ou axudas directas para o sector da restauración no Concello de Toques

O obxecto desta convocatoria de axudas é o mantemento e impulso da actividade económica no sector da restauración no termo municipal da Toques con ocasión da crise do COVID-19 que provocou o peche do sector en Galicia durante o primeiro trimestre do ano 2021.

Asímesmo, a convocatora ten por finalidade promover a consolidación do tecido da restauración, tratar de paliar as perdas económicas polo peche do sector durante varias semanas, así como apoiar o mantemento do emprego.

O crédito orzamentario que será de aplicación nesta convocatoria é de 10.000,00 €, sendo 1.500,00 € o importe máximo que poderá recibir cada solicitante beneficiario.

Esta línea de axudas é compatible con outras en curso que se poden solicitar noutras administracións.

O prazo de solicitude remata o 30 de xuño de 2021.

Para coñecer os requisitos e o procedemento a seguir consúltese o seguinte enlace:

bases convocatoria axuda