Cribado en Toques

O Mércores 24 de febreiro terá lugar no Centro de Saúde de Toques un cribado entre a poboación.

Un total de 480 persoas asintomáticas  con idades entre 25 e 61 anos terá que acudir a realizar a proba/test.

O horario para asistir á cita no Centro Médico será desde as 15:45 ata as 19:45 (de catro menos cuarto a oito menos cuarto da tarde do Mércores 24 de febreiro).

Os destinatarios serán notificados previamente polos medios habituais.

Ata Toques acudirá un equipo de sete profesionais cualificados entre Persoal de xestión e Técnicos/as de enfermería, que realizarán o cribado coas medidas sanitarias oportunas.