Crónica torneo individual de tenis 2015

TENIS CON “T” DE TOQUES

Os finalistas do torneo individual de tenis para adultos e os nenos no torneo infantil disfrutaron da competición amater.

Simplemente, excelente, a xornada tenística do pasado venres 7 de Agosto no Polideportivo de Souto, en Toques, cun total de 48 participantes repartidos en tres categorías, todas de carácter afeccionado: senior (27), infantil sub´16 (13) e infantil sub´11 (8).

A xornada comezou moi cedo pola mañá, pouco despois das nove xa se escoitaban os primeiros raquetazos. Os vinteún participantes do torneo infantil estiveron xogando ao tenis durante case que catro horas para dictaminar quén alzaba o trofeo de campión/ona (esta categoría é mixta).

Os participantes de diferentes procedencias, Toques, Melide, Arzúa, Madrid, Palas de Rei, Lugo ou A Coruña foron xogando os diferentes partidos para decidir todos os postos na clasificación final. Foi xa pasado o mediodía cando se disputaron os partidos definitivos, as semifinais en ambas categorías.
En categoría sub´11 estaban na final Andrea Vigo, que previamente derrotara a Fran Sanmiguel (ambos arzuás, reeditaron a final do pasado torneo de Semana Santa) e Pablo Herruzo (de Vacacións en San Xulián) debutante no torneo. Ambos foron merecedores de xogar a final, mágoa que solo un poida gañar un, e nesta ocasión Andrea revalidou o título que obtivera en semana santa.

En categoría sub´16, o desenlace final estivo mais expectante, xa que os partidos de semifinais estiveron moi igualados pero finalmente Sergio Rodríguez e Anxo Ares (que repetía na final) disputaron o partido definitivo con resultado favorable para o melidense que fixo os méritos necesarios durante todo o torneo para alzar o Título de campión. Nesta categoría destacar á participante local Lucía Álvarez (alumna das escolas deportivas de Toques) que rematou a súa andaina no torneo no terceiro posto.

Xa pola tarde estaban citados no polideportivo os catro melidenses, finalistas de ambos torneos para adultos, principal e consolación para repescados do principal. Por un lado, na final de consolación, Keko e Xoel chegaron no mellor momento á final, ambos foron a máis durante a competición e na final desprenderon o seu mellor tenis, con moitos puntos directos en ambos lados e intensos peloteos que lle deron ao partidos o matiz de espectacular. Keko mostrouse máis consistente e eficaz nos seus golpeos e conseguiu lograr o título en dous sets, 6-3 e 7-5.

Pero a finalísima era a do torneo principal, xa que Martín Conde e Roberto Pérez chegaban invictos á final tras superar as catro rondas previas. O favorito era Martín, doble campión deste torneo, pero o candidato Rober leva no último ano unha progresión ascendente moi boa que fai que rinda a moi bon nivel, e non llo puxo nada fácil a Martín xa que o primeiro set comezou cun catro a cero que Martín non deu remontado. Pero todo cambiou no segundo set, Martín afianzou os seus golpes facéndose mais eficiente ganando o set máis corto dos tres. No set de desempate todo fíxose mais igualado, e ante a igualdade, no tenis o que desequilibra son os erros non forzados, e Martín cometeu menos e puido así continuar escribindo a súa historia, revalidando título converteuse en tricampión do torneo individual, este ano tamén foi campión do torneo de dobles e pode dicir que das catro últimas competicións individuais, nada máis que perdeu dous partidos de dezasete disputados nos últimos tres anos nos Torneos de Tenis de Toques.

O Circuito de Tenis 2015 non remata aínda, xa que na planificación queda pendiente o torneo de Dobres Mixto que terá lugar no outono.

cadro-principal consolacion sub11 sub-16 FINAL CONSOLACIÓN FINAL PRINCIPAL torneo-tenis-infantil