A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias anuncia esta acción formativa dirixida a toda a poboación en xeral, financiada pola Consellería de economía, emprego e industria e que conta coa colaboración dos concellos no apartado divulgativo.
A Titulación necesaria para poder inscribirse pode ser ou ben, ter superado o Bacharelato, ou ben, estar en posesión do Certificado de profesionalidade grado 2 da mesma familia ou o cetificado de profesionalidade de nivel 3.
O curso será impartido de Luns a Vernes de 15:o0 a 20:00 desde o 5 de novembro de 2018 ao 13 de maio de 2019, sendo a carga total de 628 horas. A formación teórica terá lugar no Telecentro de Melisanto, ubicado no Rúa Codeseira, 38-40 Melide (A Coruña).
A inscrición realízase contactando directamente coa asociación de cooperativas poe vía telefónica: 981 584 783
Unha vez superado o curso o usuario formado pode beneficiarse de axudas económicas ou entrar nas bolsas de traballo. As ocupacións ou postos de traballo relacionados coa acción formativa son os seguintes:
-Animador/a comunitario.
-Axente de desenvolvemento social.
-Dinamizador/a Comunitario.
-Animador/a sociocultural.
-Axente de desenvolvemento local.
-Asesor/a para o sector asociativo.
-Xestor/a de asociacións.
Os contidos do curso, encadrados por módulos teóricos e prácticos, son os seguintes:
MF1020_3: Axentes do proceso comunitario (90 horas.)
MF1021_3: Participación cidadá (90 h.)
MF1022_3: Metodoloxía da dinamización comunitaria (90 h.)
MF1023_3: Fomento e apoio asociativo (50 h.)
MF1024_3: Técnicas e instrumentos de información e difusión na dinamización comunitaria (60 h.)
MF1025_3: Xestión de conflictos entre axentes comunitarios (60 h.)
MF1026_3: (TRANSVERSAL): Impulso da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (50 h.)
MP0142: Módulo de prácticas profeionais non laborais de Dinamización comunitaria (120 h.)
FCOO03-2010: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10 h.)
FCOXXX05-2011: Formación para a igualdade (8h.)
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: 981 584 783 ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS