Novidosa iniciativa formativa dirixida ao público en xeral e orientada á fotografía con cámara reflex e/ou compactas, en todo caso, non apto para cámaras de fotos dos dispositivos móbiles.
O curso, de carácter gratuito, está composto de 8 horas lectivas repartidas en catro días será impartido no Aula da Natureza coa seguinte cronoloxía:
- Os días 26, 27, 28 2 29 de decembro de 11:00 a 13:00 h.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou por vía telefónica (981505826), e aportar os datos solicitados no momento, antes do Mércores 20 de decembro.