D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, REALIZA UNHA VISITA AO CONCELLO

TRAS A PERTINENTE RECEPCIÓN PROTOCOLARIA, O PRESIDENTE E VARIOS INTEGRANTES DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, REUNÍRONSE NO SALÓN DE PLENOS DA CASA CONSISTORIAL.

Con motivo da visita, a corporación expuso as súas intencións de cara a un futuro a corto-medio prazo, para as cales cóntase co apoio unánime da Deputacioón da Coruña. Así, Valentín González Formoso manifestou a súa conformidade coa visita a este especial concello onde puido contemplar con abraio o espazo protexido da Capela de San Antolín e a súa contorna.

Durante a reunión, o Presidente da Deputación confirmou e asegurou a continuidade do proxecto oficial de infraestructuras relacionado coa estrada provincial,  en concreto, a modificación da estrada no tramo denominado “Curvas do Toxo”, para garantir maior seguridade para todos aqueles que transitan pola principal vía de comunicación do Concello de Toques.