Escolas Culturais e Deportivas Municipais. Información.

O Concello de Toques programa as Escolas culturais e deportivas municipais que terán lugar durante os próximos meses ata maio de 2023.

A oferta abrangue actividades varias dirixidas a toda a veciñanza: Manualidades, Ximnasia para maiores, Tenis, Patinaxe, Badminton, Pilates, Atletismo, Fútbol sala e Taller de memoria.

  • O prazo de inscrición estará aberto desde o 3 ao 7 de  outubro de 2022, en horario de 9:00 a 14:00. Para formalizar a inscrición nestas actividades é necesario acercarse ao concello para tramitar a solicitude, ou ben mediante a Sede Electrónica dispoñible na web do concello, www.toques.gal.
  • Por motivos organizativos, a aceptación de solicitudes realizarase por orde de inscrición, ata cubrir as prazas, tendo preferencia os empadroados en Toques. Ademáis, as actividades están suxeitas a un número mínimo e máximo de participantes para garantir un bon funcionamento.
  • Para as actividades dirixidas aos menores de idade, terán preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello de Toques e os matriculados no CEIP de Toques.
  • As actividades dirixidas a adultos están suxeitas a taxas municipais, co cal será necesario realizar un aboamento no banco para formalizar a inscrición.
  • As actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil son gratuitas, é dicir, non é necesario realizar ningún tipo de aboamento.
  • Os horarios así como as actividades poden sufrir cambios.
  • As actividades culturais levaranse a cabo na Aula da Natureza.
  • As actividades deportivas terán lugar no Pavillón  Polideportivo e na Aula da Natureza.

Información sobre os horarios de todas as escolas: