Escolas deportivas e culturais do concello de Toques

INFORMACIÓN XERAL: Escolas deportivas e culturais do concello de Toques

1.   O prazo de inscrición estará aberto desde o 15 ao 30 de setembro.

2.   Para formalizar a inscrición nestas actividades é necesario acercarse ao concello para tramitar a solicitude, en horario de 9:00 a 14:00.

3.   Os maiores de idade, no caso de actividades suxeitas a taxas municipais, será necesario aportar un número de conta para facilitar a xestión do pago das taxas.

4.   Os solicitantes menores de idade non teñen que realizar ningún tipo de aboamento, isto é, as actividades son gratuitas.

5.   Algunha actividade ten prazas limitadas.

6.   As actividades están suxeitas a un número mínimo e máximo de participantes para garantir un bon funcionamento.

7.   Os horarios así como as actividades poden sufrir cambios.

8.   Se algún horario se solapa e hai persoas interesadas en realizar as dúas actividades, terase en conta para variar os horarios dentro das posibilidades.

9.   As Actividades Culturais levaranse a cabo no Edificio Multiusos e as Actividades Deportivas no Pavillón Polideportivo.

escolas deportivas e culturais de Toques