OBXECTO E PERSOAS DESTINATARIAS: ESFORZA é un programa de Actividade Física Adaptada que levan a cabo a Fundación María José Jove e a Fundación «La Caixa». De carácter inclusivo, diríxese a persoas con e sen diversidade funcional que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables.
ACTIVIDADES E REQUISITOS DAS PERSOAS DESTINATARIAS:
Oferta tres actividades no medio natural:
- Axuda en Praia:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
- Vela inclusiva:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
- Persoas que non teñen diversidade funcional, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.
- Piragüismo Inclusivo:

INSCRICIÓN:
Modalidade de Inscrición EN LIÑA
A documentación requirida debe ser achegada no Portal de Inscricións no período de admisión de inscricións (entre o 22 de maio e o 2 de xuño do 2023).
As persoas que se inscriban fóra deste prazo farano directamente na lista de espera dos grupos con prazas vacantes para valorar a súa admisión antes de confirmarlles a praza, se fose o caso.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 22 de maio ao ás 10:00 h. ata o 2 de xuño de 2023. ás 14:00 h.
MÁIS INFORMACIÓN EN:
T 981 160 265
info@fundacionmariajosejove.org
Servizos sociais municipais