Estadías na residencia de tempo libre de Carballiño para persoas maiores

A Consellería de Política Social oferta estadías de 5 días en réxime de aloxamento e pensión completa na residencia de tempo libre de Carballiño nas seguintes datas:

  • Primeira quenda: Do 2 ao 6 de maio (con entrada o día 2 para xantar e saída o día 6 despois de almorzar)
  • Segunda quenda: Do 9 ao 13 de maio (con entrada o día 9 para xantar e saída o día 13 despois de almorzar)
  • Terceira quenda: Do 16 ao 20 de maio (con entrada o día 16 para xantar e saída o día 20 despois de almorzar)

O custo da estadía, de acordo co establecido no Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre, que foi obxecto de actualización pola Orde do 4 de xuño de 2013 é o seguinte:
Habitación doble
119,05 € por quenda
Habitación individual
139,75 € por quenda

As solicitudes deben dirixirse  á Residencia de Tempo Libre do Carballiño á seguinte dirección de correo electrónico: rtlcarballino@xunta.gal.
As prazas cubriranse por riguroso orde de entrada de solicitudes na residencia de tempo libre.