Estadías nas residencias de tempo libre

NORMATIVA: Orde do 17 de abril de 2018 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2018. (DOG nº 78 do 23/4/2018)

OBXECTO: Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)

PERSOAS DESTINATARIAS:

  • Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
  • Galegos e galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

QUENDAS: Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas. Non obstante, non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 8 de maio de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.