Estadías nas residencias de tempo libre

Normativa:

Orde do 14 de maio de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2019 (DOG nº 98 do 24/5/2019)

Obxecto:

Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)

Persoas destinatarias:

  • Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
  • Galegos e galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

Quendas:

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas. Non obstante, non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán.

Prazo de presentación:

Dez días hábiles desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG.  Ata o 7 de xuño de 2019.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.