Estadías nas residencias de tempo libre -BS419A

NORMATIVA: Orde do 4 de maio de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2023 (DOG nº 92 do 15/5/2023)

OBXECTO: Convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude.

PERSOAS DESTINATARIAS:

  • Todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español.
  • Galegos e galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das duas convocatorias anteriores.

QUENDAS:

Cada unidade familiar poderá solicitar, a través da persoa maior de idade que a represente, as estadías e servizos para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude e para unha ou varias quendas que se detallan no anexo III

Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar  a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante.  Asimesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Dez días hábiles desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG. Ata o 30 de maio de 2023.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.