NORMATIVA: Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social para o ano 2016. (DOG nº 67 do 8/04/2016)
OBXECTO: Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).
PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español. Tamén galegos/as residentes no exterior.
QUENDAS: Serán 3 quendas no mes de xullo, 3 no mes de agosto, e 1 no mes de setembro. Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre, e para unha ou varias quendas. Non obstante, non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de abril de 2016.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Efectuarase por sorteo de datas o día 4 de maio de 2016 na Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social. O día 23 de maio de 2016 publicarase a relación das persoas beneficiarias coas estadías e quendas adxudicadas nas páxinas web http://benestar.xunta.es/ e www.familiasgalegas.org
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.