Festa da Terceira Idade

O vindeiro Sábado 3 de Xuño, ten lugar no Polideportivo de Souto a Festa e o Xantar da Terceira Idade.

Aqueles veciños maiores de 64 anos e empadroados no Concello de Toques están invitados a participar nesta celebración, de feito recibirán unha carta coa invitación e a entrada para poder asistir á comida, a cal tamén é valida para o sorteo posterior á comida.

Para asistir ao xantar é necesario reservar a praza mediante chamada telefónica (981505826) ou presencialmente nas oficinas do Consistorio.

Sólamente poden levar acompañante, aquelas persoas con diversidade funcional que así o precisen.

Ademáis, o Concello de Toques dispón transporte para os veciños e veciñas que necesiten medios para achegarse a Souto.