FESTIVAL DE CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS

O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE SOUTO ACOLLE ESTE EVENTO DE PECHE DAS ACTIVIDADES QUE COMEZARON O PASADO OUTONO

O Venres, 27 de Maio, a partir das catro e media da tarde comezarán as actuacións que inclúe esta celeberación que resume o traballo de todo o ano. Os participantes das escolas deportivas farán unha exhibición específica da súa actividade e para o deleite de todos haberá unha actuación de maxia a cargo de “Chrystyan Magic” que retorna para ofrecer un novo espectáculo ilusionista tal coma nos ten acostumbrados.

Pero esta actuación non será ata as seis e media da tarde, xa que previamente e despois das actuacións de cada escola, haberá unha gran merenda popular e a entrega de premios, diplomas e regalos.

Identidade Deputación da Coruña