Festival de Clausura de Escolas Deportivas e Culturais

O vindeiro Venres, 27 de maio, ten lugar no Polideportivo de Souto o festival que da por finalizada esta tempada de escolas de tempo libre marcadas pola situación sanitaria.

O venres pola tarde, a partir das catro e media, haberá actuacións a cargo dos participantes das escolas deportivas de menores de idade e tamén o famoso baile de maiores que prepararon durante s clases de ximnasia de maiores.

Os participantes serán agasallados e haberá tempo de lecer cun espectáculo de maxia a cargo do ilusionista Cayetano Lledó.

O fin de festa será cunha merenda popular onde participantes, acompañantes e organizadores despedirán o curso, esperando con inquietude as actividades de verán e o reinicio das escolas para o mes de outubro.

Para descargar o cartel do festival, pincha no enlace.

Festival de Clausura