Festival de Clausura de Escolas Deportivas Municipais

Derradeira actividade das Escolas deportivas municipais no periodo 2022-2023 que, igual que en anos anteriores, permite contemplar o aprendizaxe dos participantes nas Escolas deportivas de Patinaxe, Fútbol Sala, Badminton e Ximnasia de maiores. Cada escola ofrecerá unha exhibición ou actuación coa temática do deporte ou actividade física sempre presente.

O polideportivo abrirá as súas portas para todos aqueles que lles interese ver o resumo da tempada.

Ademáis, para finalizar o evento, haberá unha merenda popular que terá lugar xusto despois da entrega de premios e agasallos aos participantes das escolas deportivas.