Festival Linguafolk no camiño primitivo do Concello de Toques

linguafolkO próximo sabado día 16 de maio de 2015 terá lugar a primeira edición do Festival Linguafolk no Camiño Primitivo no concello de Toques. O evento empezará ás 13:00 h cun xantar de confraternidade. As actuacións empezarán ás 5 da tarde ata ás 8 aproximadamente.

O festival ofrecerá actuacións de grupos de Toques e de municipios próximos, lecturas literarias e xogos populares.

Quen queira vir ao xantar pode sacar a súa entrada no concello de Toques e no bar de Lorena e bar Alfonso por 10 euros.

A intención do Festival Liguafolk é preservar o patrimonio cultural e destacar o gran número de persoas que están vinculadas co folk e coa literatura no municipio de Toques e na contorna.