Festival LinguaFolk: Reserva de entrada para ver o concerto de “Leirabuxo”

O próximo sábado 15 de maio ás 8 da tarde terá lugar o concerto de Leirabuxo na aula da natureza con motivo da sexta edición do Festival LinguaFolk.

Debido á situación sociosanitaria, nesta ocasión é necesario reservar praza/s de público para asistir ao concerto no Aula da Natureza.

A reserva de praza pode realizarse por diferentes vías:

– Por teléfono do concello 981505826
– Enviando un Email ao enderezo: marina.corral@toques.es
– De forma presencial no concello.

Ademáis, como novidade este ano,  retransmitiranse diferentes actuacións e reportaxes ao longo do día, así como o concerto de Leirabuxo en directo a través de streaming, cuxo enlace facilitaremos en breve.

Lembrade que o aforo está moi limitado.
Seguirase o Protocolo de Seguridade e Prevención de Riscos en Actividades Culturais e Deportivas nas Instalacións Municipais