Fomento da contratación das persoas con discapacidade

FOMENTO DA CONTRATACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA.

NORMATIVA: Orde 13 de xullo de 2015, DOG nº 137 do 22/07/2015

BENEFICIARIOS: os/as empregadores/as e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos/as, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores/as con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na CC.AA de Galicia.

OBXECTO:
Incentivar a contratación de traballores/as con discapacidade desempregados/as no sistema ordinario de traballo mediante os seguintes tipos de axudas ás contratacións realizadas entre o 01 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015 (a tempo completo, parcial ou fixo discontinuo):
– Subvención pola contratación indefinida
– Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral
– Subvención pola contratación temporal
– Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.

PRAZO DE SOLICITUDE:
Prazo xeral: ata o 30 de setembro de 2015.