Formación para persoal socorrista ácuático en instalación e espazos naturais

En relación coa formación mínima que deben dispoñer os traballadores no ámbito do Socorrismo Acuático, publicouse no DOGA Nº 52 do mércores 14 de marzo de 2018, unha resolución pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalación e en espazos naturais.

A este curso de adaptación poden acceder o persoal que esteña en posesión da seguinte titulación:

-Licenciatura (ou Grao) de Ciencias da Actividade Física e do Deporte

-Técnico Superior en Animación de Actividades físico-deportivas.

A formación consiste nun curso de larga duración impartido os fines de semana, cunha carga horaria de 265 horas, e terá lugar na Academia Galega de Seguridade Pública en A Estrada (Pontevedra).

Convócanse un total de 25 prazas por edición que serán outorgadas por orde de entrada no rexistro da entidade organizadora.

A matrícula deberá realizarse de maneira telemática, cubrindo o formulario dispoñible na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP):

http://agasp.xunta.gal, non admitindo ningunha outra opción de matrícula.

Para máis información:

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2018/20180314/Secciones3_gl.html