A Escola Deportiva de Bádminton do Concello de Toques está de noraboa, xa que na Fase Zonal que tivo lugar en Boimorto o pasado 7 de Abril, obtivo un bon resultado, tendo en conta que a súa participación foi inédita e que os sete nenos e nenas acadaron meritorios postos (tendo unha visión conxunta) se poñemos en valor que ningún deles sabía xogar ao Badminton no mes de Outubro.
Atrás quedan os adestramentos, dous días á semana, nun espazo e horario reducido que o CEIP de Toques cedeu para a súa formación. As tres xornadas previas (formativas) que tiveron lugar en Vilasantar, Trazo e O Pino, e finalmente a Fase Zonal en Boimorto, clasificatoria para a Fase Provincial, para a cal un participante da Escola de Toques, de categoría Alevín Masculino clasificouse ao chegar ás semifinais.
Todavía non hai data para a Fase Provincial, nin lugar, pero está previsto que se dispute durante o mes de Maio na comarca de Ferrol, e na que participarán os catro primeiros clasificados de cada categoría das catro zonas nas que se divide a provincia en Deporte Escolar. Así, ademáis do noso participante tamén acudirán nenos e nenas dos concellos da nosa zona: Boimorto (8 clasificados), O Pino (3 clasif.), Órdenes (3 clasif.) e Trazo (9 clasificados).
A modalidade de badminton, xunto co Atletismo e o Fútbol Sala, compoñen unha actividade que o Servizo de Deportes Municipal organizou e puxo en marcha no mes de novembro para completar o amalgama de actividades deportivas, e para encher un vacío e unha petición expresa dos nenos e nenas de Toques.
A actividade, con sede no CEIP, recibe o nome de «DEPORTE SAUDABLE NA ESCOLA» e ademáis de recibir adestramentos das tres modalidades deportivas mencionadas con anterioridade, tamén fan exercicios e tarefas relacionadas coa saúde, entre elas a batería de test de valoración da condición física: DAFIS.
1 | PABLO CODESIDO (TRAZO) |
2 | PABLO MARTÍNEZ (O PINO) |
3 | KEVIN ANDRADE ( O PINO) |
4 | ABRAHAM MARTÍN (TOQUES) |
5 | DANIEL RIAL (O PINO) |
6 | ALEX VILLAMOR (TOQUES) |
7 | SIMÓN MORAO (O PINO) |
8 | LUCAS CALVO (ORDES) |
9 | DARÍO SÁNCHEZ (TRAZO) |
10 | ALEJANDRO CURRÁS (TOQUES) |
11 | SERGIO CASTRO (ORDES) |
12 | DIEGO GARCÍA (ORDES) |