II Subida a San Cidre: Xacodesafío 2020

O próximo 1 de marzo de 2020 ten lugar en Toques a segunda Edición da SUBIDA A SAN CIDRE.

  • A distancia da carreira de adultos este ano é de 13 quilómetros e ten un desnivel acumulado de 850 metros aproximadamente.
  • A cota de inscrición é de 6 € ata o 23 de febrero e de 12 € desde o 24 ao 28 de febrero.
  • As carreiras de categorías sub 18, sub 16, sub 14, sub 12, sub 10 e Prebenxamín (gratuitas) mudan a ubicación do seu percorrido. Este ano realízanse nas inmediacións da línea de meta da carreira de 13, habendo tres circuitos diferentes según a categoría.
  • As distancias son as seguintes: categorías sub 18 e sub 16, 2600 metros; categorías sub 14 e sub 12, 1600; e categorías sub 10 e prebenxamín, 500 metros.
  • Haberá bolsa-obsequio de regalo para cada participante e trofeos ou medallas para os mellores en cada categoría, pero os premios materiais só se repartirán entre os tres primeiros clasificados ou clasificadas nas categorías absoluto, senior e empadroados en Toques.
  • Tedes toda a información completa e o regulamento en carreirasgalegas.com, onde podedes inscribirvos.
  • Aportamos o número de teléfono do servizo de deportes do Concello de Toques para máis información: 626445816.

A continuación unhas fotos para visionar algúns dos lugares por onde transita a carreira