II Torneo de Tenis de Mesa

O próximo 24 de Febreiro volverá soar o son característico do Tenis de Mesa no Pavillón Polideportivo de Souto.

Tras a experiencia pioneira do pasado mes de decembro, na que nenos e adultos participaron na primeira edición, o Servizo de Deportes do concello organiza un novo campeonato para dar continuidade a actividade en cuestión.

Igual que na anterior ocasión, a participación é de balde e está aberta a todas as persoas que así o desexen.

Haberá dúas ou varias categorías según a inscrición, ainda que en principio, a organización plantea dúas categorías: Infantil, para menores de 15 anos, e o resto participarían en Senior.

Haberá premios para os mellores e agasallos para todos.

II Torneo de Tenis de Mesa

Sábado, 24 de Febreiro ás 16:00 h.

Polideportivo de Souto-Toques