III Subida a San Cidre – Xacodesafío 2022

O Concello de Toques, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, organizará o domingo 6 de MARZO de 2022 a partir das 10:30 horas da mañá, a III edición da carreira SUBIDA A SAN CIDRE, que este ano muda a denominación da carreira por III SUBIDA A SAN CIDRE-XACODESAFÍO 2022, por mor do Xacobeo 2021-2022.

O prazo de inscrición xa está aberto, para todas as probas: 13 kms para os runners maiores de idade e tres probas de distancias curtas en función das categorías para os menores de idade.

A inscrición é de balde para os cativos pero os participantes na carreira de 13 kms está supeditada a unha cota de inscrición de 10 € (ata o domingo 27/02) e 15 € ata peche de prazo (04/03).

Para completar a información, consulta aquí o Regulamento:

Regulamento Final

Enderezo web para inscrición:

https://www.carreirasgalegas.com/carreira/iii-subida-a-san-cidre-xacodesaf-o-2022/770fb200-2bb2-154b-3cec-39f97987d5f3