III Torneo de Tenis de Mesa 2018

Aberto o prazo para anotarse á terceira edición deste evento deportivo que terá lugar en Toques, no Polideportivo de Souto o vindeiro 12 de Maio a partir das 16:00 horas.

A iniciativa trata de dar continuidade ás anteriores convocatorias (Novembro 2107 e Febreiro 2018) nas que participaron máis de vinte palistas en cada un dos torneos, nos cales cada participante xogou como mínimo cinco partidas nalgunha das catro mesas dispoñibles para acadar unha boa organización.

A organización establece dúas categorías, infantil (ata 15 anos) e senior, aspecto que pode variar según a inscrición final e dependendo das idades dos participantes inscritos.