INÍCIASE UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE RESIDUOS NOS FOGARES TOQUENSES

O beneficio desta iniciativa municipal é que cada fogar poderá retirar electrodomésticos, mobles e/ou colchóns que se atopen en mal estado, sen funcionamento ou ou sen uso habitual.

Para poder participar nesta campaña é necesario chamar por teléfono á Casa do Concello (981505826) para antes do día 2 de decembro.

O proceso comeza cunha recollida nos fogares, que houberan chamado por teléfono para dar o aviso, na primeira semana de decembro, por parroquias. Así:

Luns, 4 de decembro: Brañas, Paradela e A Capela

Martes, 5 de decembro: San Martiño, Vilamor e Vilouriz.

Xoves, 7 de decembro: Santa Uxía, Ordes, Mangüeiro e San Xulián.

 

MOI IMPORTANTE: CHAMAR CON ANTELACIÓN PARA QUE RECOLLAN OS RESIDUOS NOS FOGARES E ASÍ ORGANIZAR MELLOR A RECOLLIDA.