O vindeiro un de xullo comezan en Toques as actividades programadas para o verán destinadas a nenos e nenas. Trátase do Campamento de verán e do Campus deportivo, os cales teñen previsto na súa organización disparidade de actividades con variada tipoloxía, xa que ademáis de a rutina diaria coas tarefas propias de cada campamento tamén haberá excursións. Ademáis, trataranse temas de actualidade mediante charlas divulgativas, específicas para estos rangos de idade, que mediante talleres lúdicos, iniciarase unha labor de concienciación de temas como “o Consumo responsable” e “a prevención e xestión de residuos”.
Un total de 50 usuarios disfrutarán destas actividades durante o mes de xullo participando todos os días nun curso de natación para o cal o persoal socorrista da piscina de verán colabora nas labores específicas de ensino das habilidades de desprazamneto no medio acuático.