Esta tecnoloxía consiste nunha aplicación informática para dispositivos móbiles IOS e ANDROID.
A aplicación contén dúas versións, a propia aplicación para móbiles e unha web, onde se pode consultar toda a información sobre o concello (servizos, lugares de interés turístico, establecementos…) e sobretodo proporciona unha detallada información técnica das rutas de sendeirismo homologadas (descrición, características…).
Entón, os interesados, xa poden consultar información, ver fotos e mapas colgados na web e/ou na aplicación móbil simplemente no enderezo electrónico: http://toques.elcaminoentumano.com ou descargando no móbil a aplicación: «Caminos de Toques».