IV edición do curso “Xestión e Dirección de Proxectos de Participación Xuvenil”: aprende participando, decide aprendendo

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a cuarta edición do Curso de xestión e dirección de proxectos de participación xuvenil cuxo obxectivo é ofrecer un apoio na mellora das habilidades e competencias de planificación, redacción e xestión de proxectos de participación xuvenil dos distintos axentes participantes en proxectos de educación non formal e/ou voluntariado.

Destinatarios:
– Traballadores no eido da Xuventude e do Voluntariado.
– Persoas coordinadoras de programas de Xuventude e/ou de Voluntariado.
– Membros de entidades xuvenís e/ou de acción voluntaria
– Estudantes de ciclos de animación sociocultural e turismo.
– Mozos e mozas en xeral interesados, residentes en Galicia.

Módulos:
1. Introdución á estruturación, deseño e xestión de proxectos de participación.
2. Deseño e elaboración dun proxecto de participación xuvenil.
3. Execución, avaliación e xustificación de proxectos.
4. Formación en aptitudes e habilidades transversais.

Duración do curso: 50 horas das cales 20 serán teóricas con clases presenciais e 30 prácticas nas que os/as alumnos/as terán que enfrontarse a redacción dun proxecto de participación xuvenil no ámbito da educación non formal.

Número de prazas: 15 por localidade de realización da actividade formativa.

Datas e lugares de celebración:

DATASCURSO

Prazo de inscrición:  ata as 15:00 horas do 5 de outubro de 2018.
Inscrición:  mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido, na web www.xuventude.net
Admisión: as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

Máis información:  info@rgdinamizacion.es

O dossier informativo pódese descargar na páxina www.xuventude.net