IV Gala de Artes Marciais

O vindeiro dezasete de marzo, en Toques, terá lugar unha nova edición desta gala deportiva de exhibición de artes marciais a cargo dos participantes nas Escolas Deportivas municipáis.

Ademáis da Escola Deportiva de Karate (que este ano cumpre unha década), está garantida a participación das seguintes: E. D. Karate de Monterroso, E.D. Taekwondo de Melide.

O evento deportivo comezará ás cinco da tarde, e será no Polideportivo de Souto, en Toques. A entrada será de balde para todos os asistentes ás gradas.