Lexislación

DECRETO 72/2004, DO 2 DE ABRIL, POLO QUE SE DECLARAN DETERMINADOS ESPAZOS COMO ZONAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN DOS VALORES NATURAIS.

Na data do 11 de marzo de 1999 o Consello da Xunta de Galicia acordou, en base ao disposto no artigo 4 do Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír e garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestre, a remisión á Unión Europea dunha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000.

A proposta galega á Rede Europea Natura 2000 prevé unha serie de lugares para os que é necesario aplicar o marco legal previsto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta necesidade de protección deriva da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, transposta ao dereito español, a través do Real decreto 1997/1995 que establece a obriga de manter -ou se é o caso restablecer- nun estado de conservación favorable, os tipos de hábitats naturais e taxones que formen parte de cada proposta, até mentres a Unión Europea non aprobe definitivamente os listados de Lugares de Importancia Comunitaria; así mesmo tamén se incluirán as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) declaradas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, regula no seu artigo 16, a Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, definíndoa como aqueles espazos que polos seus valores ou intereses naturais, culturais, científicos, educativos ou paisaxístico sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. O parágrafo terceiro deste artigo dispón ademais que nesta zona se incluirán tamén as zonas especiais de conservación que conforman a Rede Natura 2000, creada ao abeiro das Directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE, e que non teñan outra figura de protección das previstas nesta lei.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dous de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.- Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

1. Decláranse como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais os espazos naturais que se relacionan a continuación e que se identifican nos anexos deste decreto:

a) Anexo I: zonas propostas como Lugares de Importancia Comunitaria para formar parte da rede Natura 2000.

b) Anexo II: lugares declarados como Zona de Especial Protección para as Aves consonte a Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres.

2. De conformidade co artigo 10.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os espazos naturais incluídos na figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais intégranse na Rede galega de espazos protexidos.

Artigo 2º.- Usos e actividades.

1. De acordo co establecido no artigo 16.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os usos e actividades que se viñan realizando nestes espazos e que non vulneren os seus valores naturais, pódense seguir levando a cabo, do xeito tradicional.

2. A realización de actividades non previstas anteriormente, e que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos requirirán autorización previa da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 3º.- Réxime cinexético.

As Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais manterán o réxime cinexético que tiñan antes da súa declaración, sen prexuízo de que os instrumentos de planificación que se é o caso se elaboren, dispoñan outra cousa.

Disposicións adicionais

Primeira.- Habilítase a Consellería de Medio Ambiente para propoñer a modificación dos termos establecidos neste decreto para o suposto de que a Unión Europea formulase observacións á proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria.

Segunda.- De conformidade co artigo 9.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no ámbito territorial dun espacio natural poderán coexistir distintas categorías de espazos naturais protexidos. Nestes caso prevalecerá réxime de protección específico.

Disposición derrogatoria

Única.- Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto e, en concreto:

– Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se incluén as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón, Ría de Ortigueira, Lagoa e Areal de Valdoviño e Ría do Eo, no rexistro xeral de Espazos Naturais de Galicia.

– Decreto 165/1999, do 20 de maio, polo que se declara definitivamente o encoro de Abegondo-Cecebre como espazo natural en réxime de protección xeral.

– Decreto 219/2000, do 21 de xullo, polo que se declara definitivamente a Lagoa do Rei como espacio natural en réxime de protección xeral.

– Orde do 9 de xuño de 2003 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espazos naturais en réxime de protección xeral.

Disposición derradeira

Esta disposición entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo), dous de abril de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne
Presidente

José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Nome: Ortigueira – Mera (3.868 ha) Lic Es1110001 Ortigueira Mera. Concellos: Cariño, Cerdido, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas

Nome: Costa Ártabra (7.546 ha) Lic Es 1110002 Costa Ártabra. Concellos: Ares, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mugardos, Narón, Ortigueira e Valdoviño

Nome: Fragas do Eume (9.127 ha.) Lic Es1110003 Fragas do Eume. Concellos: Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez

Nome: Encoro de Abegondo-Cecebre (493 ha) Lic Es1110004 Encoro de Abegondo-Cecebre. Concellos: Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e Oza dos Ríos

Nome: Costa da Morte (11.809 ha) Lic Es1110005 Costa da Morte. Concellos: Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo

Nome: Complexo Húmido de Corrubedo (9.265 ha) Lic Es1110006 Complexo Húmido de Corrubedo. Concellos: Porto do Son e Ribeira

Nome: Betanzos-Mandeo (1.020 ha) Lic Es1110007 Betanzos-Mandeo. Concellos: Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos e Paderne

Nome: Carnota-Monte Pindo (4.674 ha) Lic Es1110008 Carnota-Monte Pindo. Concellos: Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión e Mazaricos

Nome: Costa do Dexo (347 ha) Lic Es1110009 Costa do Dexo. Concello: Oleiros

Nome: Estaca de Bares (852 ha) Lic Es1110010 Estaca de Bares. Concellos: Ortigueira e Mañón

Nome: Esteiro do Tambre (1.581 ha) Lic Es1110011 Esteiro do Tambre. Concellos: Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son

Nome: Monte e Lagoa de Louro (1.096 ha) Lic Es1110012 Monte e Lagoa de Louro. Concellos: Carnota e Muros

Nome: Xubia-Castro (2.074 ha) Lic Es1110013 Xubia-Castro. Concellos: Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche, A Capela, As Somozas e As Pontes de garcía Rodríguez

Nome: Serra do Careón (6.662 ha) Lic Es1110014 Serra do Careón. Concellos: Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques

Nome: Río Anllóns (162 ha) Lic Es1110015 Río Anllóns. Concellos: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Ponteceso

Nome: Río Tambre (583 ha) Lic Es1110016 Río Tambre. Concellos: Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Todoia e Trazo

Nome: Os Ancares-O Courel (102.562 ha) Lic Es1120001 Os Ancares-O Coure. Concellos: Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de brollçon, Quiroga, Ribas de Sil, Samos e Triacastela

Nome: Río Eo (1.003 ha) Lic Es1120002 Río Eo. Concellos: A Fonsagrada, Meira, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada

Nome: Parga-Ladra-Támoga (4.938 ha) Lic Es1120003 Parga-Ladra-Támoga. Concellos: Abadín-Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Xermade

Nome: A Marronda (1.239 ha) Lic Es1120004 A Marronda. Concellos: Baleira e A Fonsagrada

Nome: As Catedrais (297 ha) Lic Es1120005 As Catedrais. Concellos: Barreiros e Ribadeo

Nome: Carballido (4.828 ha) Lic Es1120006 Carballido. Concellos: A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín

Nome: Cruzul-Agüeira (652 ha) Lic Es1120007 Cruzul-Agüeira. Concellos: Becerreá e As Nogais

Nome: Monte Faro (2.988 ha) Lic Es1120008 Monte Faro. Concellos: Carballedo, Chantado e Rodeiro

Nome: Monte Maior (1.247 ha) Lic Es1120009 Monte Maior. Concellos: Viveiro e Xove

Nome: Negueira (4.558 ha) Lic Es1120010 Negueira. Concello: Negueira de Muñiz

Nome: Ría de Foz-Masma (643 ha) Lic Es1120011 Ría de Foz-Masma. Concellos: Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo

Nome: Río Landro (127 ha) Lic Es1120012 Río Landro. Concellos: Ourol e Viveiro

Nome: Río Ouro (109 ha) Lic Es1120013 Río Ouro. Concellos: Alfoz, Foz e O Valadouro

Nome: Canón do Sil (5.914 ha) Lic Es1120014 Canón do Sil. Concellos: Nogueira de ramuín, Pantón, Parada de Sil e Sober

Nome: Serra do Xistral (22.964 ha) Lic Es 1120015 Serra do Xistral Concellos: Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, Ourol, As Pontes de García Rodríguez, O Valadouro, Vilalba, Viveiro, Xove e Xermade

Nome: Río Cabe (1.787 ha) Lic Es1120016 Río Cabe. Concellos: Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón e Sober

Nome: Costa da Mariña Occidental (491) Lic Es1120017 Costa da Mariña Occidental. Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo

Nome: Baixa Limia (33.920 ha) Lic Es1130001 Baixa Limia. Concellos: Bande, Calvos de randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea

Nome: Macizo Central (45.829 ha) Lic Es1120002 Macizo Central Concellos: O Bolo, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Laza, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, Quiroga, Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Nome: Bidueiral de Montederramo (1.984 ha) Lic Es1130003 Bidueiral de Montederramo. Concellos: Montederramo e Vilar de Barrio

Nome: Pena Veidosa (2.321 ha) Lic Es1130004 Pena Veidosa. Concellos: Carballedo e San Cristovo de Cea

Nome: Río Támega (630 ha) Lic Es1130005 Río Támega. Concellos: Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín

Nome: Veiga de Ponteliñares (160 ha) Lic Es1130006 Veiga de Ponteliñares. Concellos:Porqueira e Rairiz de Veiga

Nome: Pena Trevinca (24.894 ha) Lic Es1130007 Pena Trevinca Concellos: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda, A Veiga e Viana do Bolo

Nome: Pena Maseira (5.715 ha) Lic Es1130008 Pena Maseira. Concellos: A Gudiña e A Mezquita

Nome: Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha) Lic Es1130009 Serra da Enciña da Lastra. Concello: Rubiá

Nome: Illas Cíes (990 ha) Lic Es0000001 Illas Cíes. Concello: Vigo

Nome: Sistema Fluvial Ulla-Deza (1.633 ha) Lic Es1140001 Sistema Fluvial Ulla-Deza. Concellos: Ames, Brión, Catoira, Dodro, A Estrada, Boqueixón, Padrón, Pontecesures, Rianxo, Rois, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces

Nome: Río Lérez (148 ha) Lic Es1140002 Río Lérez. Concellos: Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra

Nome: A Ramallosa (92 ha) Lic Es1140003 A Ramallosa. Concellos: Nigrán e Baiona

Nome: Complexo Ons – O Grove (7.608 ha) Lic Es1140004 Complexo Ons – O Grove. Concellos: Bueu, Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo

Nome: Monte Aloia (783) Lic Es1140005 Monte Aloia. Concello: Tui

Nome: Río Tea (357 ha) Lic Es1140006 Río Tea. Concellos: O Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño

Nome: Baixo Miño (2.871 ha) Lic Es1140007 Baixo Miño. Concellos: Arbo, A Cañiza, Crecente, A Guarda, As Neves, Padrenda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui

Nome: Brañas de Xestoso (1.077 ha) Lic Es1140008 Brañas de Xestoso Concellos: A Estrada, Forcarei e Silleda

Nome: Cabo Udra (623 ha) Lic Es1140009 Cabo Udra. Concellos: Bueu e Cangas

Nome: Costa da Vela (1.419 ha) Lic Es1140010 Costa da Vela. Concello: Cangas

Nome: Gándaras de Budiño (727 ha) Lic Es1140011 Gándaras de Budiño. Concellos: O Porriño, Salceda de Caselas e Tui

Nome: Illas Estelas (725 ha) Lic Es1140012 Illas Estelas. Concello: Nigrán

Nome: Serra do Candán (10.699 ha) Lic Es1140013 Serra do Candán. Concellos: Beariz, Forcarei, O Irixo, Lalín e Silleda

Nome: Serra do Cando (5.458 ha) Lic Es1140014 Serra do Cando. Concellos: Beariz, Cerdedo, Cotobade, Forcarei e A Lama

Nome: Sobreirais do Arnego (1.124 ha) Lic Es 1140015 Sobreirais do Arnego. Concellos: Agolada, Lalín e Vila de Cruces

Enseada de San Simón (2.218 ha) Lic Es1140016 Enseada de San Simón Concellos: Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilaboa

ANEXO II

Nome: Illas Cíes (990 ha) Zepa Es0000001 Illas Cíes. Concello: Vigo

Nome: Ribadeo (536 ha) Zepa Es0000085 Ribadeo. Concellos: Ribadeo e Trabada

Nome: Ría de Ortigueira e Ladrido (3.025 ha) Zepa Es0000086 Ría de Ortigueira e Ladrido. Concellos: Cariño e Ortigueira

Nome: Complexo Intermareal Umia – O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira (2.813 ha) Zepa Es0000087 Complexo Intermareal Umia – O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira Concellos: Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo

Nome: Costa da Morte (Norte) (7.962 ha) Zepa Es0000176 Costa da Morte (Norte). Concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso

Nome: Illa de Ons (924 ha) Zepa Es0000254 Illa de Ons. Concello: Bueu

Nome: Costa de Ferrolterra – Valdoviño (4.266 ha) Zepa Es0000258 Costa de Ferrolterra – Valdoviño. Concellos: Ferrol, Narón e Valdoviño

Nome: Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha) Zepa Es1130009 Serra da Enciña da Lastra. Concello: Rubiá

Nome: Complexo Litoral de Corrubedo (971 ha) Zepa Es0000313 Complexo Litoral de Corrubedo. Concello: Ribeira

Nome: Costa da Mariña Occidental (2.169 ha) Zepa Es0000372 Costa da Mariña Occidental. Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo

Nome: Ría de Foz (564) Zepa Es0000373 Ría de Foz. Concellos: Foz e Barreiros

Nome: Ancares (12.564 ha) Zepa Es0000374 Ancares. Concellos: Cervantes e Navia de Suarna

Nome: Esteiro do Miño (1.688 ha) Zepa Es0000375 Esteiro do Miño. Concellos: A Guarda e O Rosal

Nome: Baixa Limia-Serra do Xurés (31.287 ha) Zepa Es0000376 Baixa Limia-Serra do Xurés. Concellos: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado e Verea

Resolución 30 de abri de 2004

RESOLUCIÓN DO 30 DE ABRIL DE 2004, DA DIRECCIÓN XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA, POLA QUE SE DISPÓN A PUBLICACIÓN, NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA, DA CARTOGRAFÍA ONDE SE RECOLLEN OS LÍMITES DOS ESPAZOS NATURAIS DECLARADOS ZONAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN DOS VALORES NATURAIS POLO DECRETO 72/2004, DO 2 DE ABRIL (DIARIO OFICIAL DE GALICIA NÚMERO 69, DO 12 DE ABRIL).

Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril).

O Decreto 72/2004, do 12 de abril, declara como zonas de especial protección dos valores naturais os lugares de importancia comunitaria que forman parte da rede Natura 2000 e as zonas de especial protección para as aves, e establece a denominación, superficie de cada unha delas, así como os concellos onde se sitúan.

Para darlle unha maior publicidade á delimitación destas zonas, esta dirección xeral

ACORDA:
Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollan os límites de cada unha das zonas de especial protección dos valores naturais a que fai referencia o mencionado Decreto 72/2004, do 12 de abril.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2004.
Javier Ruiz de Almirón Schlung
Director xeral de Conservación da Natureza