O Concello de Toques selecciona dous Peóns Forestais para o Servizo de limpeza e conservación forestal

Unha vez aprobadas as bases reguladoras procédese á recepción de solicitudes ata o vindeiro 15 de xuño.

O programa está suxeito ás axudas que concede a consellería de Economía e Emprego baixo o programa  APROL RURAL 2018

A continuación pódense consultar as bases polas que se rexen o concurso:

BASES QUE REXIRAN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN POLO SISTEMA DE
CONCURSO OPOSICIÓN DE DOUS PEÓNS FORESTAIS DO SERVIZO DE LIMPEZA E
CONSERVACIÓN FORESTAL, A XORNADA COMPLETA, CONTRATACIÓNS
SUBVENCIONADAS POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
(APROL RURAL).

Primeira.- Obxecto da Convocatoria
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante concurso
oposición, de DOUS PEÓNS FORESTAIS do Servizo de Limpeza e Conservación forestal.
A modalidade contractual será a de contrato de obra ou servizo de duración determinada, coas
clausulas específicas de interese social, a xornada completa e cunha duración de 9 meses.
Ditas contratacións de persoal laboral temporal están subvencionadas pola Consellería de
Economía, Emprego e Industria, a través da liña de subvencións para o fomento do emprego
no medio rural 2018 (APROL RURAL), ao abeiro da Orde de 31 de decembro de 2017,
modificada pola Orde do 27 de setembro de 2017.
As retribucións serán de 941,62 € brutos mensuais, incluindo soldo e parte proporcional de
paga extra.
Segunda.- Requisitos dos/as aspirantes
A ) Ter a nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de
abril, de emprego público en Galicia que establece“1. Pueden acceder al empleo
público como personal funcionario en igualdad de condiciones con las personas de
nacionalidad española:

a) Las personas que posean la nacionalidad de otros estados miembros de la Unión Europea.
b) Las personas, cualquiera que sea su nacionalidad, que sean cónyuges de personas que
posean la nacionalidad española o de otros estados miembros de la Unión Europea, siempre
que no estén separadas de derecho.
c) Las personas, cualquiera que sea su nacionalidad, descendientes de personas que posean
la nacionalidad española o de otros estados miembros de la Unión Europea, siempre que sean
menores de veintiún años o mayores de dicha edad dependientes.
d) Las personas, cualquiera que sea su nacionalidad, descendientes del cónyuge no separado
de derecho de personas que posean la nacionalidad española o de otros estados miembros de
la Unión Europea, siempre que sean menores de veintiún años o mayores de dicha edad
dependientes.
e) Las personas incluidas en el ámbito de aplicación de los tratados internacionales celebrados
por la Unión Europea y ratificados por España en los que sea de aplicación la libre circulación
de trabajadores.
2. Se exceptúa de lo previsto en el apartado anterior el acceso a los empleos públicos que
directa o indirectamente impliquen participación en el ejercicio del poder público o en las
funciones que tienen por objeto la salvaguarda de los intereses de las administraciones
públicas.
3. Pueden acceder al empleo público como personal laboral en igualdad de condiciones con los
españoles las personas con nacionalidad extranjera a las que se refiere el apartado primero de
este artículo, así como los demás extranjeros con residencia legal en España.
Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar o cumprimento
dalgún dos requisitos anteriores xuntando á solicitude fotocopia compulsada do documento de
identidade ou pasaporte.
B) Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Non padecer enfermidade
nin estar afectado por doencia física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das
correspondentes funcións. No caso de minusvalía que non impida o exercicio das súas
funcións deberá xustificarse por medio de certificación da Consellería competente da Xunta de
Galicia.

C) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder no seu caso da idade máxima de
xubilación forzosa.
D) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das
administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CCAA nin atoparse
en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución
xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no
que houbese sido separado ou inhabilitado. De ser nacional doutro Estado non atoparse
inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou
equivalente que impida, no seu Estado nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
E) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade có disposto na Lei
53/1984 do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións
públicas.
Serán requísitos específicos os que figuran no Artigo 14 da Orde de 31 de decembro de 2017
pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do
emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede a súa convocatoria para o exercicio do ano
2018:
– Ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como
demandantes non ocupados e estar disponibles para o emprego.
– Non poderán ser contratadas as personas que fosen contratados por un periodo igual ou
superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2017 pola Consellería de
Economía, Emprego e Industria.
– Terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral enumerados no
apartado 5 do artigo 14 da mentada Orde do 31 de decembro de 2017.
Todos os requisitos esixidos deberán terse no momento de finalizar o prazo de
presentación de solicitudes, e manterse ao longo da duración do contrato.
Terceira.- Presentación de solicitudes.-

O Concello de Toques presentará a correspondente
oferta de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego de Melide, e será ésta a
encargada de convocar aos candidatos que reúnan os requisitos esixidos pola oferta e tamén

os requisitos necesarios para poder participar nestas contratacións. Asimesmo, estas bases
serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello ós
efectos de outorgar a máxima publicidade posible.
Os/as aspirantes deberán presentar unha instancia (Anexo II), dirixida ao Sr. Alcalde, no
Rexistro Xeral do Concello de Toques, a esta instancia deberán achegar a seguinte
documentación:
A) D.N.I.
B)Certificados dos cursos/titulos relacionados co posto.
C)Certificado de conocemento da Lingua Galega, Celga 2 ou superior, ou equivalente.
O prazo máximo para presentar a documentación será o día 15 de xuño de 2018, ás
14:00 horas.
Rematado o prazo de presentación de documentación dictarase a correspondente Resolución
sobre a admisión ou non dos solicitantes, resolución que se publicará no taboleiro de anuncios
do concello. Os solicitantes excluídos terán un prazo de 2 días para presentar as reclamacións
oportunas. Unha vez resoltas as reclamacións se dictará a resolución sobre a admisión
definitiva dos solicitantes e no que se determinará a data para proceder por parte do Tribunal á
baremación dos méritos e á realización e posterior evaluación da proba práctica.
Cuarta.- Fase de concurso.

Baremo para a valoración de méritos.- Procederase por parte
do Tribunal a valorar os méritos alegados por cada un dos candidatos, o baremo para a
avaliación é o seguinte:
1)Cursos relacionadas coa actividade a desenvolver, a puntuación non poderá superar 3
puntos:
– Cursos de 100 horas ou máis: 0,50 puntos
-Cursos de 50 a 99 horas: 0,30 puntos

-Cursos de 10 a 49 horas: 0,10 puntos
Aqueles cursos en cuxo certificado acreditativo non consten o número de horas, ou ben teñan
unha duración inferior ás 10 horas, non serán obxecto de valoración.
2)Por estar en posesión do permiso de conducción tipo B1: 2 puntos.
Quinta.- Fase de oposición.-

Consistirá en dúas probas, unha de carácter teórico e tipo test e
outra proba práctica a realizar polos candidatos/as utilizando a ferramenta do concello propia
dos postos a desempeñar, na que se valorará a aptitude para os mesmos.
A proba teórica será eliminatoria e obligatoria para os/as aspirantes, cualificándose ata un
máximo de 5 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 2,5
puntos e consistirá nun exame tipo test de 10 preguntas e 2 preguntos de reserva, que versará
sobre o temario recollido no Anexo III. Cada pregunta correcta se valorará con 0,50 puntos.
A proba práctica será eliminatoria e obrigatoria para os/as aspirantes, cualificándose ata un
máximo de 5 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 2,5
puntos.
Os candidatos deberán acudir provistos de DNI ou, na súa falta, pasaporte ou carné de
conducir.
A orde de actuación dos aspirantes será seguindo a orde alfabética dos apelidos dos/as
aspirantes.
Sexta.- Coñecemento da lingua galega.-

Tendo en conta o artigo 35 do Decreto
Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Función
Pública; aos candidatos/as que non presenten Certificado de conocemento da Lingua Galega,
Celga 2 ou superior, ou equivalente, deberán realizar unha proba oral de coñecemento da
lingua galega, de carácter obrigatorio e eliminatorio, que será calificada de apto ou non apto.
Séptima.- Tribunal Calificador.-

Estará composto polos seguintes membros:

Presidente: Dna. Guadalupe Vázquez Ascariz, Traballadora Social de Toques.
Suplente: Dona María Soledad Iglesias Pérez, educadora familiar.
Vogais:
1º vogal: D. Mauro Noguerol Urrutia, técnico de deportes do Concello de Toques.
Suplente: Don Luis Otero Castiñeira, conductor- peón do concello de Toques.
– 2º vogal: Don José Luis Guerra Ferreiro, administrativo do concello de Toques.
Suplente: Marina Corral Pumar, Técnica de Cultura do Concello de Toques.
Secretario: D. Mónica Seijas Rey, AEDL do concello de Toques.
Suplente: D. Marta Castro Tato, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local de Melide.
Oitava.- Acreditación de méritos.-

Os méritos comprendidos no apartado 1 da base cuarta
acreditaranse mediante copia compulsada do certificado expedido polo órgano correspondente.
As situacións recollidas no apartado 2 da base cuarta acreditaranse mediante a presentación
do permiso de conducir.
O coñecemento da lingua galega acreditarase mediante copia compulsada do certificado
correspondente.

Novena.- En caso de empate aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:
A) Persoas desempregadas maiores de 45 anos con responsabilidades familiares: ter ao
seu cargo o/a cónxuxe, fillos/as menores de 26 anos ou maiores con discapacidade,
incapacitados ou menores en acollemento.
B) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente
persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
C) Mulleres, ó ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ó dos
homes.
Decima.- Puntuacións.-

Finalizado o proceso selectivo, publicaranse as puntuacións no
Taboleiro de anuncios do concello. Os candidatos terán un prazo de 2 días para presentar
reclamacións. A puntuación total acadada será a suma da puntuación obtida na fase de
concurso e na fase de oposición.
Decimoprimeira.- Transcurrido o prazo para a presentación das reclamacións, o Tribunal
proporá á alcaldía a contratación das persoas que acaden a maior puntuación. Se
algún/algunha dos/as candidatos/as inicialmente propostos renunciasen á contratación,
pasaríase a contratar aos seguintes por orde de puntuación e así sucesivamente.
A contratación dos/as aspirantes seleccionados/as corresponde ao Sr. Alcalde.
En todo o non previsto nas presentes bases estarase ao disposto na lexislación laboral e
lexislación sectorial complementaria que resulte de aplicación.

Toques, 01 de xuño de 2018
O Alcalde
Asdo.: Miguel Angel Buján Varela
ANEXO III
TEMARIO PEON FORESTAL 2018
Tema 1. La Constitución española: título preliminar. Estatuto de Autonomía de Galicia.:
Concepto y estructura.
Tema 2. O Municipio: organización, estructura y competencias de las entidades locales.
Tema 3. Herramientas y maquinaria más utilizada en plantaciones forestales.
Tema 4. Normas de seguridad en el trabajo. Equipo de protección personal. Orden y limpieza
en los locales de trabajo. La seguridad personal y la prevención de accidentes.

Tema 5. La defensa contra incendios forestales en Galicia. La conducción de un vehículo todoterreno.
La estiba de las herramientas. La conducción cara al fuego, aproximación y
estacionamiento del vehículo.