O CONCELLO, REALIZA A ADXUDICACIÓN DA OBRA: “REPARACIÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL EN TOQUES”.

  1. Ivan Ponte Mahía, Secretario-Interventor do Concello de Toques (A Coruña),

C E R T I F I C O:


            Que o Pleno Municipal en sesión ordinaria celebrada o día vinte e nove de setembro de dous mil dezaseis, adoptou entre outros o seguinte acordo:

 

4.- DEBATE E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADXUDICACIÓN DA OBRA ‘REPARACIÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL EN TOQUES’

 

Visto que concluíu o procedemento de licitación e adxudicación da obra “Reparación Polideportivo municipal en Toques”.

Vista a acta de apertura da segunda oferta do sobre “B” e “C” ( referencias técnicas e oferta económica ) da obra “ Reparación Polideportivo municipal en Toques” onde a Mesa de Contratación, tras analizar as ofertas presentadas, acorda “…Propoñer ó órgano de contratación, como adxudicatario da obra “REPARACIÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL EN TOQUES”, á empresa CONSTRUCCIONES ESPIÑO S.L. xa que se considera que é a oferta económicamente máis ventaxosa.”.

 

Visto que o órgano competente para a adxudicación da obra é o Pleno dacordo co establecido na disposición adicional segunda do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público ( RDL 3/2011 ) onde se establece que “… Corresponden a los Alcaldes y a los Presidentes de las Entidades locales las competencias como órgano de contratación respecto de los contratos de obras, de suministro, de servicios, de gestión de servicios públicos, los contratos administrativos especiales, y los contratos privados cuando su importe no supere el 10 por 100 de los recursos ordinarios del presupuesto ni, en cualquier caso, la cuantía de seis millones de euros, incluidos los de carácter plurianual cuando su duración no sea superior a cuatro años, siempre que el importe acumulado de todas sus anualidades no supere ni el porcentaje indicado, referido a los recursos ordinarios del presupuesto del primer ejercicio, ni la cuantía señalada.”

 

Ante a ausencia de debate, o Pleno, por unanimidade dos membros presentes na sesión, resolve ACORDAR:

PRIMEIRO.- Adxudicar á empresa CONSTRUCCIÓNES ESPIÑO S.L. a execución da obra “ Reparación Polideportivo municipal en Toques” por ser a oferta económicamente máis ventaxosa segundo a proposta de adjudicación da Mesa de Contratación.

SEGUNDO.- Notificar o presente acordo ó adxudicatario os efectos oportunos e os demais licitadores

TERCEIRO.- Facultar o Sr. Alcalde para proceder á formalización do contrato de obras e para a realización de todos os trámites que correspondan.

 

 

E para que así conste, expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, coa reserva do establecido no Art. 206 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en Toques a 07 de outubro de dous mil dezaseis.

Visto e prace

O ALCALDE,

 

Identidade Deputación da Coruña ESCUDO SOLO