O CONCELLO REALIZA A ADXUDICACIÓN DA OBRA:”CAMIÑO GOIAS A LÍMITE CONCELLO (VILOURIZ) E OUTROS.

 

DON IVÁN PONTE MAHÍA, SECRETARIO-INTERVENTOR  DO CONCELLO DE TOQUES ( A CORUÑA )

 

C E R T I F I C A

 

O Sr. Alcalde do Concello de Toques adoptou a resolución de alcaldía numero 166/2016 de data 5 de outubro de 2016, que literalmente establece o seguinte:

 

“Visto que con data 8 de agosto aprobouse iniciar o procedemento de licitación e adjudicación da obra “CAMIÑO GOIAS A LIMITE CONCELLO ( VILOURIZ ) E OUTROS”   mediante procedemento negociado con publicidade a través dos pregos tipo de condicións administrativas da Deputación Provincial de A Coruña.

 

Visto que durante o prazo de presentación de ofertas, foron presentadas no Concello de Toques varias ofertas económicas de diferentes licitadores;

 

Vistas a ultima acta da Mesa de Contratación de data 4 de outubro de 2016 onde se valoran as referencias técnicas e a oferta económica das ofertas presentadas, e onde se propón adxudicar a obra a FRANCISCO GOMEZ E CIA S.L por ser considerada a oferta económicamente máis ventaxosa pola propia Mesa de Contratación.

 

Á vista das ofertas presentadas e de todo o anterior e, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos do Sector Público, en relación co 21.1. da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

RESOLVO

 

PRIMEIRO. Adxudicar ó contratista FRANCISCO GOMEZ E CIA S.L. a obra    “CAMIÑO GOIAS A LIMITE CONCELLO ( VILOURIZ ) E OUTROS”  por un importe total de 61.109,84 euros, cunha baixa de 11.325,58 euros, é dicir, cunha baixa de 15,63% sobre o prezo de licitación do contrato.

 

SEGUNDO. Notificar a adxudicación ó contratista e o resto de licitadores os efectos oportunos.”

 

 

 

E para que conste, expido a presente, de orden e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Toques a 5 de outubro de 2016.

 

Vº Pº

O ALCALDE.                                                                       SECRETARIO.

ESCUDO SOLO Identidade Deputación da Coruña